Cumprimos 40 anos

Visto: 224
Cumprimos 40 anos

40 anos dise pronto… pero como se acostuma a dicir… case media vida!

Remontemos as orixes… Como xurdiu?

Dende logo. De pensalo, da case vértigo.

Pero a verdade para min foron como un lusco. Cando amas o que fas o tempo parece que se esfuma, e eso é o que me pasa. Oxalá outras 10 vidas para seguir compartindo ca xente que día a día confía en nosoutros e, por suposto, co meu equipo que é a base de todo o que ofrecemos.

Xurdiu… pois… Con 19 anos quería poñer un negocio e despois de mirar e asesorarme de cal sería o que me podía encaixar encontrei este dedicado a gandería e a agricultura principalmente.

E despois de darlle voltas pensei, onde mellor que na Fonsagrada onde había e hai moito gando e cultura da que nos levamos mando e coidando dende hai 40 anos.

Como está sendo a evolución, o seu crecemento e adaptación aos cambios ao longo da traxectoria?

A evolución foi constante, imaxino como en calquera negocio ou empresa.


Se ben é certo que nos últimos tempos moito máis metidos na voráxine debido aos constantes cambios que sofre o sector tendo que estar en formación continua día a día. Cursos, feiras, charlas… Adaptarse ás novas tecnoloxías.


Temos informatizado todo dende o ano 1998 e iso require inversión e moita formación no campo das tecnoloxías para poder estar ao día e levar un bo control.


Tamén para chegar a través de novas canles a potenciais clientes, dar mellores e máis adaptadas solucións… personalizar e, sobre todo, facilitar o día a día con solucións aos nosos clientes, sexa a canle que sexa pola que o requiren.

Como modelo de negocio, durante este tempo como foi evolucionando? Que mudou?

Cambiou totalmente todo, tanto a venda de medicamentos veterinarios, fitosanitarios, venda de piensos e inclusive a venda de produtos para as nosas mascotas .

Por aportar un pequeno dato, no ano 86-87 vendía ao mes como 8-10 sacos de pienso de cans e gatos e hoxe está a venda en 10-12 palets.

Pódese apreciar unha gran diferenza ,hoxe un can, gato, paxaro, peixe... forma parte da familia e cóidaase como tal, tanto en dar de comer, como antiparasitarios e produtos de hixiene; e con moita demanda as gamas altas de pienso.

A esto hai que sumar que o cliente hoxe está moito máis formado e informado. Sabe o que quere e do que fala. Moitas veces xa vai a tiro fixo.

Como se ve o presente? E o futuro?

Pois a agricultura e gandería están a vivir unha transformación importante en zonas rurais como Fonsagrada, onde esta actividade ten un peso importante e onde en este momento hai unha gran inestabilidade do sector debido aos custos elevados na produción.

No futuro, o problema principal creo que é a falta de relevo xeracional ao que se suma a falta de axudas no sector o cal e a pescadilla que se morde a cola.

Futuro hai, falta apostar por el e apoialo.

Como mudaron os hábitos?

Os hábitos cambiaron moito, os clientes xa teñen claro o que queren ou necesitan por eso hai que ter varias referencias do mesmo produto para que poidan decidir sempre tendo en conta a calidade, prezo e variedade.

Máis especialización, coñecemento e todo iso repercute en axilidade e calidade. Tanto por parte da nosa adaptación, na xestión empresarial, como no resultado que repercute nos nosos clientes.

Hai futuro no rural?

Penso que si, moito máis do que se pensa. E con todos os non como fai 20-30 anos, pero haberá oportunidades para quen saiba adaptarse e quero ser optimista aínda que tamén van existir dificultades importantes.

Insisto, o importante é o relevo xeracional e que as axudas cheguen para motivar á xente nova a seguir nos pobos, tendo servizos, comunicacións, etc.

Cóntanos algo máis sobre os comezos….

Pois esta pregunta gústame moito, xa que teño contado os meus fillos varias veces e non quero facerme a víctima, xa que como eu hai centos de mulleres que fixeron o mesmo .

Comecei con 19 anos e creo que nadie apostaba por min. Xa era nai e tiven que buscar axuda en personas externas para eu poder encamiñar e sacar o negocio adiante. Pasándoo bastante mal no factor económico, xa que ao ser nova tanto no sector como en idade compraba e tiña que pagar no momento e, claro está, tiña diñeiro parado sen xerar (a veces a mercancía estaba 2-3 meses en stock).

Pero logo empecei a vender bastante ben e coller unha clientela fixa e os proveedores comezaron a confiar en min e aí creo que souben aproveitar o momento e foi cando xa empecei a invertir, comprar un baixo, informatizar, etc.

Creo que despois de traballar moito e moitas horas podo dicir que cheguei a onde estou hoxe con moito orgullo e, por encima, no meu caso, teño relevo que a volta de 6 anos espero que o negocio siga nas mans do meu fillo o cal xa está traballando comigo e aportando xa moitas ideas novas de negocio.

Moita resiliencia e adaptación para sobrevivir nun mercado como o actual… Como vedes e incorporades todo o negocio dixital?

Pois si, moita resiliencia, xa que senon non sería capaz de aguantar momentos moi malos do sector, crise das vacas locas, prezos inestables na carne… e unha infinidade de problemas que ten o gandeiro .

Evidentemente, a min tamén me afectan… se os teñen eles, téñoos eu.

Se el vai mal e vou mal. Por eso tentamos coidar cada detalle, necesidade e cliente ao milímetro.

Estamos incorporando novas técnicas de venda a maiores e traballando moito na venda online como canle complementaria e de diversificación. Todo isto xa dende 2018, aínda que agora con cambio de rumbo.

Cara a onde pensas que camiñamos?

Avanzamos hacia unha sociedade con moita tecnoloxía, un rural máis selectivo, unha nova maneira de vivir, negocios que teñen ou temos que reinventarnos.

En definitiva, unha gran evolución, pero no meu caso nun rural moderno pero sen perder o trato próximo co cliente (son optimista).

Próximos pasos que tes en mente?

Especializarnos moito máis na venda, atención personal… diversificar incluso máis as vendas e, por suposto, preparar moi ben o relevo para un bo futuro do negocio.

Domingo Lunes Martes Miércoles Jueves Viernes Sábado Enero Febrero Marzo Abril Mayo Junio Julio Agosto Septiembre Octubre Noviembre Diciembre